Este domingo 14, día de celebración da Peregrina, o santuario situado no centro de Pontevedra acollía a misa pontifical ao mediodía presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio Barrio. Un acto ao que asistían diversos representantes do Partido Popular provincial e local. A deputada e concelleira Pepa Pardo encargábase de realizar a advocación á Virxe.
A continuación, a agrupación folclórica Celme realizaba actuacións en diversas prazas da cidade con motivo da conmemoración festiva.
Durante a tarde continuaron os actos relixiosos co regreso, tras o peor período de pandemia, da procesión da Virxe Peregrina ás rúas do centro da cidade e a finalización coa danza gremial de cintas do século XVIII, unha cita que décadas atrás era un dos elementos máis característicos desta semana de festas. Esta tarde numerosos devotos saíron a ver este acto.