Voluntarios de Vilagarcía de Arousa prestarán servizos de acompañamento telefónico e servizo a domicilio

O Salnés
26 de marzo 2020

Voluntarios de asociacións e particulares encargaranse de prestar axuda mediante acompañamento telefónico a persoas de risco mentres os membros de Arousa Moza e O Soño de Lilith serán os encargados de facer entregas a domicilio de alimento e medicamentos. Ambos labores estarán coordinadas polos Servizos Sociais que pon un número 24 horas (687 073 336) a disposición de todas as persoas que necesiten solicitar axuda

Ao teléfono
Ao teléfono

Asociacións de mulleres rurais e particulares chamarán ás persoas maiores, inmunodeprimidas ou que estean soas para saber do seu estado, darlles conversa e ánimo. O reparto de alimentos e medicamento será por parte de membros de Arousa Moza e O Soño de Lilith, aos que o Concello acreditou correctamente e lles entregou luvas e máscara para que poidan facer as labores debidamente protexidos.

Ata o de agora, este tipo de demandas estábanse a realizar directamente a través dos supermercados, pero debido ao prolongamento do estado de alarma, púsoxe en marcha esta iniciativa coa que se pretende aliviar a carga de traballo dos servizos de reparto dos establecementos e garantir a axilidade nas entregas. No caso dos medicamentos, e o propio voluntario quen pasa por casa da persoa solicitante, con previo aviso da visita, para coller a tarxeta sanitario coa que se efectua a adquisición. Por último, entrega as medicinas e devolve a tarxeta ao usuario no seu domicilio.

No caso do servizo de acompañamento telefónico, prestarase a partir do 26 de marzo, e estará composto por voluntarios de diferentes asociacións de mulleres rurais do municipio e tamén algúns particulares habilitados polo Concello. Os voluntarios encárganse de chamar a persoas maiores que viven soas, dependentes ou persoas que presentan cadros de inmunodepresión, unha ou varias veces ao día, co fin de facer un seguimento da súa situación, saber no estado no que se atopan, conversar durante un rato con elas para que se sintan máis acompañadas e darlles ánimo.

Estas labores estarán coordinadas polos Servizos Sociais, que teñen un número 24 horas (687 073 336) para atender a todas as persoas que necesiten destes servizos. Tamén serán eles os encargados de facilitarlles o caontacto das persoas solicitantes aos voluntarios.