Volováns de mexillóns gourmet Pescamar e pementos ás dúas texturas

Pontevedra
13 de xaneiro 2019

Unha receita moi sinxela para aproveitar todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Volováns de mexillóns e pementos ás dúas texturas
Volováns de mexillóns e pementos ás dúas texturas / FROM

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha receita moi sinxela, coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar un deliciosos Volováns de mexillóns gourmet Pescamar e pementos ás dúas texturas, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 2 pementos vermellos

- 2 pementos verdes

- 2 dentes de allo

- Sal ao gusto

- Pementa branca ao gusto

- Noz moscada ao gusto

- 3 culleradas de nata

- 8 poliñas de ceboliño

- 8 volováns

- 1 l. de leite

- 50 g. de manteiga

- 3 culleradiñas de fariña

Preparación:

Preparamos a bechamel mesturando a manteiga, a fariña e o leite. Cocemos a mestura a lume lento e removemos ata conseguir unha salsa cremosa. A continuación, engadimos sal, pementa e noz moscada, ao gusto. Reservamos.

Elaboramos un salteado de allo, pemento vermello, verde e os mexillóns gourmet Pescamar previamente escoados do líquido das latas e cortados en anacos. Agregamos un chorro de nata e un pouco de bechamel. Con este preparado, enchemos os volováns.

Perfumamos a bechamel restante cun toque lixeiro do escabeche que acompaña aos mexillóns gourmet Pescamar. Esta salsa deberá de ser lixeira en textura. Coa bechamel aromatizada cubriremos o fondo do prato sobre o que dispoñemos os volováns recheos.

Podemos decorar cada volován cun mexillón enteiro e unhas pingas de puré, das dúas clases de texturas de pementos, e unhas poliñas de ceboliño.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.