Ducias de persoas invitadas vestidas cos seus mellores traxes, unha moza e un mozo prometéndose amor eterno cos seus aneis correspondentes e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores oficiando a cerimonia civil no escenario do Pazo de Mugartegui. Así comezaba a voda do ano organizada esta semana polo alumnado do CIFP Carlos Oroza onde todo parecía real pero nada era certo.
Estudantes de segundo e terceiro curso dos ciclos superiores de Guía, Información e Asistencia Turísticas, e Xestión de Aloxamentos, dirixidos por Pilar Novelle e Marta Abal, prepararon todo al detalle dentro de la actividad práctica que deben desenvolver para preparar un evento de estas características coidando a planificación e a execución do acto.
A decoración, o deseño das invitacións, as minutas, a colocación das persoas invitadas, o protocolo da cerimonia, o banquete, a etiqueta, os discursos... todo aquelo que ten que ver coa organización estaba coidado con mimo por parte dosestudantes que iniciaban a práctica no Pazo de Mugartegui co acto do casamento para, a continuación, nos salóns do Liceo Casino realizar o banquete. A cea tamén contaba coa marca do Carlos Oroza, xa que o ex alumno do centro Rubén González, xefe de cociña de El Cafetín, encargábase de dirixir a parte gastronómica do convite.
O alcalde acompañado por persoal do Concello quixo participar nesta actividade práctica do alumnado que, seguramente, terá que preparar moitas vodas de parecidas características cando inicien a súa vida laboral. Iso si, as vindeiras serán sen figurantes.