Vixiarán as segundas residencias diante da chegada da Semana Santa

O Salnés
03 de abril 2020

Este ano non haberá operación saída de Semana Santa e para disuadir calquera posible desacato das normas de confinamento estableceranse controis na estrada

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico /

Como cada fin de semana a Garda Civil de tráfico reforza os seus controis, sucede todo o ano pero co estado de alarma os axentes do instituto armado teñen como misión vixiar os movementos non autorizados de vehículos nos accesos aos municipios turísticos.

Aquelas localidades onde existen segundas residencias están no punto de mira da Benemérita.

Este ano non haberá operación saída de Semana Santa e para disuadir calquera posible desacato das normas de confinamento estableceranse controis na estrada.

O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, xa se puxo en contacto coa Garda Civil para pedir que "extreme os controis" na entrada ao Grove, porque na vila meca están a detectarse algúns preparativos para recibir a persoas que veñen de vacacións.

Noutros lugares vacacionais das comarcas do Salnés e Arousa tamén se apreciou este movemento nas segundas residencias á espera de desprazamentos dos seus propietarios.

Non só a Garda Civil, as policías locais ten instrucións dos seus respectivos concellos para evitar que esta actitude irresponsable contribúa á expansión do virus e o consecuente aumento do número de contaxios.