Visitas guiadas e obradoiros no mercado para os pequechos

Pontevedra
18 de xaneiro 2017

Coñecer o mercado de abastos (o edificio e a xente que traballa nel), o que significa o comercio de proximidade, as diferenzas entre un mercado e un supermercado, a base da nosa economía (o mar, a terra) e todo nun ambiente lúdico e de xogo. Son as metas que guían O ganapán, o espazo infantil da praza de abastos que ven de presentar a súa programación para o primeiro trimestre do ano

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade
Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade / Mónica Patxot

Coñecer o mercado de abastos (o edificio e a xente que traballa nel), o que significa o comercio de proximidade, as diferenzas entre un mercado e un supermercado, a base da nosa economía (o mar, a terra) e todo nun ambiente lúdico e de xogo. Son as metas que guían O ganapán, o espazo infantil da praza de abastos que ven de presentar a súa programación para o primeiro trimestre do ano.

A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, apuntou que as actividades lúdicas e recreativas do Ganapán -pensadas sobre todo para nenos de 3 a 6 anos- concentraranse nas xornadas do venres e sábados, agás o segundo sábado do mes nos que a proposta de ocio infantil pasará a ser a dos obradoiros da Sétima Feira.

Os venres, explicou a concelleira, estarán adicados a visitas guiadas de coles e asociacións

Os venres, explicou a concelleira, estarán adicados a visitas guiadas de coles e asociacións. Xa está programado o primeiro roteiro. Será o 14 de febreiro e terá como protagonistas a usuarios da asociación Xuntos.

Os sábados será a quenda dos obradoiros que terán cada mes un eixo temático.

Ofértanse 20 prazas con inscrición - oganapan.omercado.gal- e a partir das 12.00 horas as actividades quedan abertas ao público en xeral.

A programación dos tres primeiros es:

  • Febreiro será o mes destinado ao Entroido, e todas as actividades do ganapán estarán vinculadas a esta festividade.
    • Sábado 4: A inauguración desta nova etapa arrancará ás 12.00 horas co concerto TODOS SOMOS GANAPÁNS de Magín Blanco.
    • Sábado 18: comeza o ciclo de obradoiros familiares A TERRA E NÓS (actividade familiar) destinados a creación de hortos ecolóxicos: como cultivarmos tomates, hortalizas, herbas aromáticas... na nosa casa. Serán impartidos por Pura Seoane, responsable de Hortasán, e rematarán cunha visita á Casa do Campo de Vedra, a granxa ecolóxica que traballa.
    • Sábado 25: GANAPÁN GOURMET un obradoiro de cociña: Sobremesas de Entroido, unha xornada filloeira.

 

  • Marzo será o mes da muller no Ganapán. As actividades do mes estarán destinadas a visibilizar, dignificar e reivindicar o papel da muller nos oficios do mar e da terra.
    • Sábado 4: GANAPÁN GOURMET renderá un homenaxe ás cociñeiras de toda a vida, as mulleres que con maña e agarimo traballaron nas cociñas, quer na casa quer fóra dela, e nunca saíron nos programas de máxima audiencia da televisión. Haberá un obradoiro de empanadas
    • Sábado 18: Segunda xornada de A TERRA E NÓS con Pura Seoane 
    • Sábado 25: Comeza o ciclo de actividades mariñas O MAR E MAIS NÓS, destinadas ao coñecemento das especies mariñas. Esta primeira sesión irá destinada ás mulleres científicas galegas, en especial a Ángeles Alvariño, precursora na investigación oceanográfica mundial.

 

  • Abril será o mes das artes galegas.
    • Sábado 1: Para celebrar o Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Maruja Mallo, organizarase o obradoiro de creación plástica METADE ANXO, METADE MARISCO, explorando o imaxinario creativo da xenial pintora galega.
    • Sábado 15. Terceira xornada de A TERRA E NÓS con Pura Seoane, que rematará coa visita á granxa de Hortasán en Vedra.
    • Sábado 22. Para dar a benvida á estación que chega, Yolanda Valcárcel, da Tenda da Gata, fará para as crianzas o obradoiro gastronómico COCIÑA DE PRIMAVERA, con legumes, froitas e hortalizas de tempada.
    • Sábado 29. Acaba este mes con outra actividade no GANAPÁN GOURMET, esta vez cun obradoiro de repostería saudable. Farán galletas de espelta con cacao e outras saborosísimas receitas.