O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou o convento de Santa Clara xunto con persoal do Museo de Pontevedra e do servizo de Arquitectura da institución provincial.
Tratouse dunha visita de carácter técnico na que tanto o vicepresidente como o persoal da Deputación percorreron o recinto para comprobar o seu estado de conservación de cara ao proxecto que se desenvolverá en Santa Clara como sétimo edificio da institución museística.
O proxecto para a posta en valor do convento de Santa Clara está encima da mesa de Rafa Domínguez na Deputación de Pontevedra. O novo vicepresidente é o responsable da xestión deste edificio, adquirido polo Concello de Pontevedra e cedido á Administración provincial, e está a dedicar estas primeiras semanas do mandato para manter reunións e analizar toda a documentación necesaria para definir o seu futuro.
A preguntas dos medios de comunicación, Rafa Domínguez explicou que Santa Clara, xunto co Museo de Pontevedra, son dous asuntos "complexos" sobre o Museo, dado que xa conta cun orzamento "moi importante", está a traballarse xa no aspecto técnico para reformar as sedes centrais con fondos europeos.
No caso de Santa Clara, aínda non hai proxecto, tan só un concurso de ideas, e tampouco orzamento, de modo que, "neste momento" é "moi precipitado" falar do futuro e están "a estudar" a situación.