Vinte bebés nados entre xullo e setembro reciben a 'caixa benvida' de Poio

Poio
24 de novembro 2024

Telma, Gaela, Lian Adriel, Chloe, Naira, Marc, Cloe, Arabia, Cheikh, Joel, Vega, Aílan, Jairoh, Leo, Graciela, Xoel, Noah, Nayeli, Alan e Iago son os nenos e nenas que recibiron este agasallo

Acto de benvida aos bebés nados en Poio
Acto de benvida aos bebés nados en Poio / Concello de Poio

Vinte familias recibiron este sábado a 'caixa benvida' do Concello de Poio, un agasallo con produtos infantís para os coidados dos nenos e nenas nesta primeira etapa.

Foron entregadas polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, a todos os bebés nados no municipio entre os meses de xullo e de setembro.

Moldes trasladou os mellores desexos de toda a corporación para Telma, Gaela, Lian Adriel, Chloe, Naira, Marc, Cloe, Arabia, Cheikh, Joel, Vega, Aílan, Jairoh, Leo, Graciela, Xoel, Noah, Nayeli, Alan e Iago.

"Sodes xa unha parte fundamental para o noso municipio", destacou o rexedor.

O alcalde aproveitou a ocasión para agradecerlles que elixisen Poio "para establecervos, iniciar o voso proxecto de vida e formar a vosa familia".

Neste sentido, Ángel Moldes recordou que Poio é un dos concellos que ten a media de idade máis baixa de Galicia e por iso, engadiu, para o seu goberno as familias "sodes unha prioridade".

A todas elas prometeulles que o Concello ten unha "aposta clara" por impulsar iniciativas, servizos e infraestruturas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todas as familias da vila.