Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas sumaron 290 galardóns na súa participación en concursos enolóxicos nacionais e internacionais ao longo de 2024.
Os premios obtivéronse en 9 citas establecidas no calendario oficial da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) ás que concorreron as distintas adegas adscritas á denominación desde xaneiro até decembro de 2024.
Destes galardóns, 10 son da categoría Gran Ouro, 83 de Ouro, 138 de Prata, 50 de Bronce e 9 recomendacións.
Os viños de Rías Baixas destacados corresponden maioritariamente á anada 2023, cualificada como 'Boa', aínda que nos últimos anos incrementáronse as distincións ás anadas máis antigas, que cada vez chaman máis a atención do xurado.
Estes recoñecementos en prestixiosos concursos internacionais confirman o posicionamento dos Rías Baixas como uns dos mellores viños brancos do mundo.
Desta forma, en España obtiveron grandes resultados nos concursos organizados pola Unión Española de Catadores (UEC): os Bacchus 2024, que premiaron a 38 Rías Baixas (1 Gran Bacchus de Ouro, 27 Bacchus de Ouro e 10 de Prata) e os Baco, onde conseguiron 48 galardóns (4 Gran Baco de Ouro, 19 Bacos de Ouro e 25 de prata).
Por outra banda, os Vin España, concurso nacional de viños organizado pola Federación Española de Enoloxía, outorgaron ás marcas do D.O. Rías Baixas un total de 30 premios: 5 gran ouros, 16 ouros e 9 pratas.
A nivel internacional, os viños Rías Baixas conseguiron 90 galardóns nos Decanter World Wine Awards (5 ouros, 66 pratas e 19 bronces), que se suman ás 46 medallas obtidas no International Wine Challenge (2 ouros, 17 pratas, 18 bronces e 9 recomendacións).
Outros concursos internacionais que premiaron aos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas son o Challenge International du Vin, con 4 premios (4 ouros); o Asia Wine Trophy, con 2 galardóns (2 ouros); o Mundus Vini, con 15 premiados (8 ouros e 7 pratas) e o IWSC International Wine & Spirit Competition, con outros 17 premios (4 prata e 13 bronces).
A tendencia observada nos últimos anos nos certames internacionais é un incremento nos premios das anadas lonxevas ou premium, aínda que seguen abundando os viños do último ano, neste caso 2023. De feito, entre as marcas de Rías Baixas galardoadas atópanse anadas do 2014, 2018, 2019, 2020, até a do 2022.
Cabe destacar tamén a gran actuación dos Espumosos de Calidade Rías Baixas, que recibiron Medalla de Ouro nos Vin España e no Challenge International du Vin, a Prata nos Decanter World Wine, e unha Medalla de Prata e dúas recomendacións no International Wine Challenge.