A parroquia de Vilalonga en Sanxenxo celebrou durante a noite deste venres 19 o seu tradicional Enterro da Cabra, organizada por @s Cabrit@s de Vilalonga. Esta festa do Entroido tivo que trasladarse a esta data debido ao mal tempo nas primeiras semanas de febreiro, cando estaba previsto o desenvolvemento das distintas actividades do entroido.
Durante a festa na que participaron numerosos veciños realizouse unha performance da subestación, dentro da parodia polo apagamento que sufriu o concello de Sanxenxo durante o aninovo a cargo da agrupación Unión Penosa.
Realizouse unha tradicional comitiva coa queima simbólica do animal.