Vilagarcía estuda ampliar con bicicletas eléctricas o servizo de préstamo Vaibike!

O Salnés
31 de xaneiro 2025

O sistema público de préstamo de bicicletas Vaibike! será ampliado en número de estacións para a rede ao rural, e de bicicletas, introducindo as eléctricas

Servicio municipal de préstamo de bicicletas, "Vaibike!"
Servicio municipal de préstamo de bicicletas, "Vaibike!" / Concello de Vilagarcía de Arousa

O Concello de Vilagarcía aposta por ampliar o servizo Vaibike! de préstamo de bicicletas.

O sistema público de préstamo será ampliado en número de estacións para a rede ao rural, e de bicicletas, introducindo as eléctricas.

Asegura o goberno local que se atopa traballando no proxecto coa intención de poder presentalo a unha liña de axudas europeas.

Este anuncio chega tras a celebración do pleno municipal, no que a preguntas do Partido Popular a edil de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, deu conta de datos de uso, gastos e ingresos durante o último ano.

Neste sentido explicou que entre abril de 2023 e até xaneiro deste ano os préstamos inscritos foron 12.877.

En canto aos ingresos, nese mesmo período, foron de 2.808 euros e os gastos de 36.361 euros.

"Un servicio de estas características no se puede regir por criterios economicistas. Porque hay que saber distinguir entre precio y valor, entre rendabilidade económica y rendabilidade social", afirmou a concelleira.