600 quilos de pólvora e 1.500 bengalas brillaron na noite de Vilagarcía de Arousa durante o inicio deste domingo 24 para poñer o broche de ouro ás Festas de San Roque.
Unha vez máis realizouse unha tirada de disparos na que se combinaban os lumes artificiais acuáticos cos aéreos para dar paso ao ataque do barco ao castelo rememorando o combate de El Callao en Perú con innovacións pirotécnicas que chamaron a atención do público asistente que observou a tirada dende o peirao do Ramal e dende as praias de Compostela e da Concha. Esta cita festiva chega xa a súa 148 edición.
Durante a tarde deste domingo 24, a partir das 20.00 horas, todas as actividades festivas finalizarán co desfile de carrozas polo centro da cidade.