O Concello de Vilagarcía pon en marcha o procedemento para a contratación de 10 auxiliares de policía no marco da campaña de verán que subvenciona a Xunta de Galicia para os municipios turísticos.
O prazo para inscribirse nas probas ábrese este xoves, 2 de marzo. O proceso de selección realizarase polo sistema de oposición libre e os contratos terán unha duración de 4 meses.
Tanto o anuncio da convocatoria como as bases que regularán as probas de selección pódense consultar no taboleiros de anuncios da web municipal ou nas dependencias municipais de Ravella.
Segundo a solicitude cursada polo Concello á Xunta de Galicia, as contratacións dividiranse en dous períodos para unha mellor cobertura do servizo policial. Catro auxiliares disporán de contrato do 1 de abril ao 31 de xullo e os outros catro do 1 de maio ao 31 de agosto.