Vilaboa pon en marcha o Roteiro das Mámoas

Vilaboa
11 de febreiro 2021

Un investimento de 7.850 euros permitirá limpar o enterno, arranxar valados e modernizar la sinalización do conxunto arqueolóxico

Roteiro das Mámoas, en Vilaboa
Roteiro das Mámoas, en Vilaboa / Concello de Vilaboa

O Concello de Vilaboa comenzará nos vindeiros días os traballos de acondicionamento do Roteiro das Mámoas, unha actuación á que se destinarán un total de 7.850 euros e que ten como obxectivo a sinalización e posta en valor destes elementos patrimoniais.

Trátase dunha actuación pensada para a conservación e revalorización destes restos arqueolóxicos con tarefas de limpeza, arranxo de valados e mellora e modernización da sinalización.

Hai uns meses o Concello e a Comunidade de Montes de Vilaboa asinaban un convenio de colaboración para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural a través dunha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra, que permitirá poñer en valor este conxunto arqueolóxico.

En Vilaboa encóntrase a maior parte do conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras do que forman parte a Mámoa do Rei, a mellor conservada deste conxunto megalítico.

A actuación que agora comeza será a primeira a desenvolver dentro do acordo entre Concello e Comunidade de Montes e consiste na posta en marcha dun roteiro que dará a coñecer as mámoas coas que conta Vilaboa.

 

Arquivado en