Vilaboa permanecerá con loito oficial ata última hora do luns 20

Vilaboa
19 de marzo 2023

Desde o goberno local mostran as condolencias e solidariedade do Concello e  de todos os veciños de Vilaboa ás familias das vítimas do accidente sucedido na terraza do Bar O Chancho que causou a morte de dous veciños cando xogaban a partida na tarde do venres

O vehículo que impactaba contra a terraza do bar O Chancho de Vilaboa
O vehículo que impactaba contra a terraza do bar O Chancho de Vilaboa / EFE / Sxenick

Bandeiras ondeando a medio mastro nos edificios municipais e caras de dor en todos os recunchos de Vilaboa durante as últimas horas. Así se está vivindo a situación no Concello tras o tráxico accidente que se producía na tarde do venres na terraza do bar O Chancho cando un condutor ao manobrar co seu vehículo impactaba contra a mesa onde catro amigos xogaban a súa habitual partida vespertina.

O fatal accidente provocou a morte de dous veciños de Santa Cristina de Cobres e por este motivo o Concello declaraba o loito oficial ata as 23.59 horas do luns 20 de marzo. Por este motivo, quedan suspendidas todas as actividades lúdicas e a campaña de lecer, tal e como se recolle no decreto publicado polo alcalde César Poza, que desde o primeiro momento se achegou ata o establecemento para ofrecer axuda aos familiares.

Esta fin de semana os campos de fútbol municipais de Vilaboa permanecen pechados e non se disputarán os partidos previstos de liga do UDC Vilaboa, SDC Adrián e Figueirido CF, que se aprazan a unha nova data.