Os veciños de Vilaboa protagonizaron na tarde-noite deste sábado unha nova concentracción contra a instalación dunha subestación eléctrica en Bértola.
A pesar de presentar unha alternativa noutro lugar do municipio, a falta de noticias segue inquietando aos veciños, temerosos dos posibles efectos da instalación na súa saúde e que ademais viron como nos últimos días foron denegadas as súas alegacións ao proxecto.
Baixo o lema "Subestación ao pé das casas non. Alternativa xa!", un nutrido grupo de persoas mobilizouse ante a estrada N-550 ao seu paso polo municipio.