Os veciños de Vilaboa continúan coa súa loita contra a instalación dunha subestación eléctrica en Bértola necesaria para dar servizo á liña do AVE.
Este sábado reiteraron as súas razóns para opoñerse a este proxecto: as proximidades da igrexa parroquial, o ámbito do Camiño portugués a Santiago, a súa afección á saúde das persoas, uns motivos que consideran "de máis peso" que os esgrimidos por parte de Rede Eléctrica Española, a empresa responsable do proxecto de subestación que alega que recolocar a subestación eléctrica de Bértola implicaría un atraso nas obras da AVE doutros dous anos máis.
Ademais a compañía alega que desprazar a subestación implicaría un maior impacto ambiental.