Tremenda sorpresa levaron este sábado 14 de setembro os viaxeiros dun dos barcos de pasaxeiros que conecta regularmente no verán coa Illa de Ons.
Durante o roteiro, preto xa do parque nacional, a embarcación atopou cunha manda de orcas.
Os mamíferos mariños causaron sensación e admiración entre pasaxeiros e tripulación.
Foron precisamente os traballadores de Mar de Ons os que inmortalizaron o momento, documentando con imaxes espectaculares o paso das orcas por medio da ría de Pontevedra.