VÍDEO.- Un novo lume forestal xa controlado fai saltar as alarmas en Tomeza

Pontevedra
10 de setembro 2016
Actualizado: 17:45

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou ás 9.34 horas deste sábado e quedou controlado menos de dúas horas despois, ás 11.15 horas, tras arrasar unha pequena superficie. Nas tarefas de extinción participaron tanto medios terrestres como aéreos

Tarefas de extinción dun incendio en Tomeza / Manu Pajariño

Un incendio que finalmente resultou ser de pequenas dimensións volveu a facer saltar as alarmas no rural de Pontevedra. Ocorreu na mañá dese sábado na zona de Pombal, na parroquia de Tomeza e as chamas xa están controladas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou ás 9.34 horas deste sábado e quedou controlado menos de dúas horas despois, ás 11.15 horas, tras arrasar unha pequena superficie.

Nas tarefas de extinción participaron tanto medios terrestres como aéreos: un técnico forestal, un axente, cinco brigadas, unha motobomba e dous helicópteros.