VÍDEO TITORIAL.- Así se fai unha mascarilla

Marín
18 de abril 2020

A iniciativa foi de Silvia Crespo de Bien Bonito, unha empresa de Poio adicada á confección de uniformes personalizados que xunto con Juan Pérez de El Espejo Mágico Produciones elaboraron o vídeo

VÍDEO TITORIAL.- Así se fai unha mascarilla / Concello de Poio

O Concello de Poio está a difundir un vídeo titorial explicando como se pode facer unha mascarilla na casa.

A iniciativa foi de Silvia Crespo de Bien Bonito, unha empresa da localidade adicada á confección de uniformes personalizados que xunto con Juan Pérez de El Espejo Mágico Produciones elaboraron o vídeo.

No titorial insisten na importancia de elaborar as mascarillas cun tecido cunha trama moi tupida e con dobre capa para que sexan seguras. A mascarilla elaborada por Silvia inclúe un peto para introducirlle un filtro, para aumentar a seguridade.

Tamén o Concello de Marín está a difundir nas súas redes sociais outro vídeo titorial.

En ambos os casos ensínase a facer mascarillas non cirúrxicas, pero que teñen a vantaxe de ser reutilizables e hixienizables co lavado a máis de 60 graos, polo que se converten nunha medida máis duradeira que as mascarillas desbotables, que teñen un máximo de 4 horas de uso, e ademais non producen residuos.