Despois do Festival de Parodias, a festa continuaba en Portonovo coa III Festa do Jato. Co lema ‘se vés disfrazado de Jato, atopa o rato’ o pobo enteiro vestiuse coas súas mellores galas de gato e invadiron a Rúa dos Viños, unha das rúas máis antigas e emblemáticas da vila, con ganas de pasalo ben.
As doce do mediodía deuse o pistoletazo de saída para o comezo da festa, que este ano trouxo varias novidades. Entre elas a exposición pola rúa de debuxos de distintos colexios, así como unha carreira de Jatos perseguindo o rato, que saíu desde a lonxa do porto, pasando pola Rúa dos Viños onde se celebraba a festa, ata a capilla de San Roque.
Ademais, da man de Ollares de Portonovo, organizouse este ano un concurso de fotografía, no que a temática será a propia festa. O prazo estará aberto ata o 18 de marzo.
Os bares tiñan varios ratos agochados que os disfrazados de 'jato' debían atopar para levarse o premio. Tamén se sacaron os asadores á rúa e a diversión estivo amenizada polos Gatiños de Portonovo e a Charanga dos Jatos. Risas, comida e boa compañía foron as premisas desta festa para rendir homenaxe o xentilicio dos nacidos nesta vila de mariñeiros.
O Enterro da Sardiña que se cambiara para a noite dese sábado 4 de marzo, aprazouse de novo por mor da choiva para o mércores día 8. Tamén correron a mesma sorte o Desfile de Adultos e o Infantil, que se aprazaron para o domingo día 12, os nenos saldrán ás doce da mañá e os maiores ás cinco da tarde.