VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño

Umia
16 de outubro 2019

O niño de avespas foi atopado no faiado da vivenda no lugar de Calvos, en Cuntis, e foi retirado polo Grupo Municipal de Emerxencias

Retirada dun niño de velutina de grandes dimensións no interior dunha vivenda en Cuntis / Protección Civil de Cuntis

A auténtica invasión que protagonizou a vespa velutina ou avespa asiática en Galicia en xeral e na provincia de Pontevedra en particular segue ofrecendo imaxes que chaman poderosamente a atención.

A última delas viviuse en Cuntis, no lugar de Calvos, onde o Grupo Municipal de Emerxencias retirou do interior dunha casa un niño de grandes dimensións.

En concreto o niño de velutinas atopábase no faiado da vivenda, co perigo que iso pode chegar a supoñer.

Cada un destes niños, lembran os expertos, pode chegar a albergar máis de 1.500 insectos, polo que é importante solicitar axuda de persoal cualificado para proceder á súa retirada.

É o que fixeron os propietarios do inmoble, e esa axuda chegou por parte do persoal de Protección Civil de Cuntis, que se fixo cargo, con todas as precaucións posibles, durante a tarde deste martes 15 de outubro.

Arquivado en