VIDEO.- Poio fai súa a illa cun paseo por Tambo

Poio
02 de marzo 2022

Primeira visita a Tambo logo do acto de sinatura do acordo polo que Defensa cede ao Concello a illa por un período transitorio de 25 anos, prorrogable a 75. Unha vez asumidas as competencias sobre esta illa situada no fondo da ría de Pontevedra, o seguinte foi coller un barco e achegarse ata este espazo emblemático  

A illa de Tambo pasa a ser xestionada polo Concello de Poio / PontevedraViva

Primeira visita a Tambo logo do acto de sinatura do acordo polo que Defensa cede ao Concello a illa por un período transitorio de 25 anos, prorrogable a 75. Unha vez asumidas as competencias sobre esta illa situada no fondo da ría de Pontevedra, o seguinte foi coller un barco e achegarse ata este espazo emblemático. 

Os concelleiros non perderon o tempo e mudaron os carteis que prohibían o paso a este "recinto militar" de 28 hectáreas, por unhas lonas co nome da illa e o escudo do municipio de Poio.

A concesión establece un canon anual de 25.000 euros que ten como fin garantir os investimentos na illa, ainda que os labores de mantemento deste enclave xa exceden de maneira significativa a cantidade establecida no canon polo que, na práctica, non será necesario o seu pago a Defensa.

A illa conta con dúas praias (Area da Illa e Adreira), o pequeno faro de Tenlo, o lazareto de 1886, a polvoreira, a antiga residencia de oficiais e a capela de San Miguel (século XVI).

En virtude deste acordo co Ministerio de Defensa o Concello comprométese á protección e conservación dos bines culturais, arqueolóxicos e ambientais de todo este espazo así como á autorización e vixilancia das actividades lúdico-turísticas, de visita e investigación.

Os próximos pasos que dará o Concello son solicitar que Tambo sexa catalogado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e redactará un Plan estratéxico e un Plan de usos para o futuro desta illa que ten un gran valor histórico e sentimental para Poio.

Se as previsións cúmprense, o próximo mes de maio empezarán as visitas a Tambo unha vez que o Concello arrombe o enclave para garantir a seguridade das persoas e a integridade da propia illa. 

Para visitar Tambo vai ser necesario solicitar autorización para poder acceder, sempre en grupos reducidos.

Arquivado en