VÍDEO.- Os do Val do Lérez gañan o Certame de Murgas 2017

Pontevedra
03 de marzo 2017

O segundo premio foi para Equipo Ja, mentres que a Murga do Naveiro quedou terceira e os PTV do pregoeiro Manuel Cabada obtivo o cuarto premio nesta disputada final onde o público volveu encher o auditorio do Pazo da Cultura. Este venres, chova ou non, vai celebrarse a Mostra da Parodia nas rúas do centro de Pontevedra a partir das 23.00 horas

VÍDEO.- Final do Certame das Murgas 2017 / Diego Torrado
VÍDEO.- Final de Murgas: actuación de PTV /

O público volveu gardar cola ás portas do Pazo da Cultura desde primeiras horas da tarde. No momento en que se abriron as portas do auditorio, as butacas enchéronse de espectadores con ganas de gozar da final do Certame de Murgas de 2017.

Unha final disputada e moi divertida na que participaban as catro agrupacións seleccionadas nas dúas semifinais desenvolvidas o luns e o mércores desta semana. 

O grupo Os do Val do Lérez facíanse coa vitoria impoñéndose a Equipo Ja, que obtivo o segundo premio, á Murga do Naveiro, que levaba o terceiro galardón e á agrupación PTV liderada polo pregoeiro deste Entroido, Manuel Cabada, que lograba o cuarto posto neste certame.

Unha vez máis, as agrupacións desenvolveron os seus mellores temas cheos de crítica local, de bo humor e de ironía provocando as gargalladas do público. Tanto as semifinais como a final podes escoitalas nos podcast de PontevedraViva Radio.

Este venres, chova ou non, será a noite da Mostra da Parodia na contorna da Praza da Peregrina. As agrupacións que participan nesta cita humorística decidiron levar a cabo as súas actuacións independentemente das condicións metereolóxicas adversas previstas. Comezará a partir das 23.00 horas.

Arquivado en