VÍDEO.- O himno galego en lingua de signos para conmemorar o Día da Patria Galega

Pontevedra
25 de xullo 2015

A Asociación de Xordos Río Lérez interpreta por primeira vez o himno galego en lingua de signos para reivindicar a normativización da lingua de signos galega. É un traballo que se enmarca dentro do Programa Hefesto da Casa Azul

Vídeo do himno galego en lingua de signos do Programa Hefesto
Vídeo do himno galego en lingua de signos do Programa Hefesto / Programa Hefesto

Lograr a normativización da lingua de signos galega, que segue sen recoñecerse como oficial. É a reivindicación que a Asociación de Xordos Río Lérez quere facer visible co seu último traballo, que viu a luz coincidindo co Día da Patria Galega, que se celebra este 25 de xullo.

Trátase dun vídeo desenvolvido dentro do Programa Hefesto de la Casa Azul, do Concello de Pontevedra, no que por primeira vez se gravou o himno galego en lingua de signos.

O vídeo foi gravado esta mesma semana na Praza de Abastos de Pontevedra, utilizando para iso a versión do himno da artista Lucía Pérez, que cedeu gratuitamente os seus dereitos para a ocasión.

Un orixinal xeito de celebrar o día de todos os galegos.