VIDEO.- O centro de saúde de Baltar asolágase con augas fecais

Sanxenxo
11 de setembro 2021

O centro de saúde de Baltar quedou inutilizado este xoves durante algunhas horas por unha inundación de augas fecais. Un vídeo recolle o traballo de limpeza que tiveron que facer os profesionais deste centro sanitario para poder recuperar a normalidade

O centro de saúde de Baltar asolágase con augas fecais / PontevedraViva

O centro de saúde de Baltar quedou inutilizado este xoves durante algunhas horas por unha inundación de augas fecais.

Un vídeo recolle o traballo de limpeza que tiveron que facer os profesionais deste centro sanitario para poder recuperar a normalidade.

A auga procedía dos sumidoiros do cuarto de limpeza. Aínda que tentaron conter a entrada de auga resultoulles imposible detela. 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo revelou que é a terceira ocasión na que este centro de saúde sofre inundacións.