Ante a celebración este mércores 22 de abril do Día Mundial da Terra os mestres composteiros da Deputación compartiron un vídeo feito por eles mesmos no que felicitan á cidadanía "polo ben que estades compostando".
Os composteiros comunitarios utilizados pola veciñanza en Pontevedra e O Morrazo duplican a cantidade de biorresiduos tratados durante o estado de alarma. O persoal técnico do Plan Revitaliza cuantificou que o repunte de uso da cidadanía chega ata cuatriplicar o lixo nalgún centro de compostaxe. "Nótase que todos estamos a comer e cear na casa".
Segundo indican os técnicos, todos os centros de compostaxe comunitaria dependentes da Deputación están "abertos e atendidos" xa que este é un servizo esencial que ademáis se pode realizar por parte da cidadanía coa máxima seguridade e total tranquilidade, xa que existen as máximas garantías.
Ademáis nos composteiros téñense instalado as recomendacións e precaucións de uso que, como noutros ámbitos, pasan por extremar a hixiene.
Finalmente os mestres composteiros convidan a cidadanía a gravar un vídeo selfie contando a súa experiencia coa compostaxe #EuComposto.