VÍDEO.- Milleiros de persoas seguen a entrada da recreación do transporte do viño

Pontevedra
03 de setembro 2016

A comitiva coa presenza de carruaxes e cabalos percorreu o camiño dende a rúa Santa Clara, antigo camiño de Castela, ata a praza da Peregrina. Amplas galerías de fotos

Traslado do viño na Feira Franca 2016 / PontevedraViva

Coa recreación da entrada do viño procedente de Castela iniciouse a festa da Feira Franca en Pontevedra. Personaxes medievais portando carros ou dacabalo trasladaron os barrís polas rúas da cidade tal e como se facía cando o rei Enrique IV concedía no ano 1.467 o privilexio de celebrar unha xornada de feira libre de impostos para os comerciantes.

Milleiros de persoas seguiron o percorrido desde as 12.00 horas que se iniciaba na rúa Santa Clara e proseguía por Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferrería ata finalizar na praza da Peregrina. A recreación correu a cargo da asociación recreativa de Xeve, Art Monium, con música, animación e representación da época medieval.

O mercado medieval na avenida de Santa María e a mostra de oficios na praza da Ferrería xa comezaran media hora antes do mesmo xeito que a interpretación en distintos puntos do centro histórico das cantigas de Afonso X e de música medieval a cargo da asociación cultural Pola Vila.

Arquivado en