VÍDEO.- Guille Pérez, o pianista na terraza que anima o vecindario de Eduardo Pondal

Pontevedra
03 de abril 2020

Este veciño de 12 anos de idade ofrece unha peza musical cada día desde hai unha semana, a continuación dos aplausos que a veciñanza dedica ao persoal sanitario ás 20.00 horas. O pequeno músico co seu teclado esperta a admiración entre os residentes da contorna de Vialia

Guille Pérez ofrece unha peza musical ao piano durante a corentena / Paulo Pérez

Poucos músicos poden presumir de contar estes días cunha audiencia fiel. Guille Pérez si. Este mozo pianista de 12 anos de idade converteuse nun referente para parte da veciñanza da rúa Eduardo Pondal.

Guille Pérez aplaude na homenaxe diaria ao persoal sanitario ás 20.00 horas acompañado por outros residentes da contorna de Vialia. A continuación, desde hai unha semana, instala o seu teclado na terraza da Praza dos Maios, na Cidade de Pedra, e cada día ofrece unha peza musical para animar ás numerosas persoas que se asoman ás fiestras e balcóns para escoitar o seu pequeno concerto.

Cando finaliza a súa peza, saúda educadamente ao público desde a terraza e volve confinarse coa súa familia no interior da vivenda para preparar a obra coa que sorprenderá ao día seguinte. Neste caso ofrece unha fuga de Johann Sebastian Bach.