VÍDEO.- Festa dos Maios no "Barrio da Alegría"

Pontevedra
01 de maio 2020

Se buscan no rueiro de Pontevedra o Barrio da Alegría non o atoparán xa que ese é o nome de novo cuño co que os veciños bautizaron durante estes días de confinamento ao tramo de rúa Arcebispo Malvar máis próximo ao río Lérez. O animador do barrio é Ramón Pedras, coñecido por todos coma Petete

Festa dos Maios no "Barrio de la Alegría" / Diego Torrado

O "Barrio da Alegría" celebrou este venres ao grande a Festa dos Maios.

Se buscan no rueiro de Pontevedra o Barrio da Alegría non o atoparán xa que ese é o nome de novo cuño co que os veciños bautizaron durante estes días de confinamento ao tramo de rúa Arcebispo Malvar máis próximo ao río Lérez.

O animador do barrio é Ramón Pedras, coñecido por todos coma Petete. Nos primeiros días do Estado de Alarma arrincou desde a súa xanela poñendo a diario e a todo volume o himno do Pontevedra. Os veciños sumáronse e el veu arriba. Así que pronto pasou a poñer outras músicas (dez cancións dedicadas pola mañá e quince pola tarde).

A veciñanza creou un grupo de whatsapp así se coordinan para non deixar sen celebrar ningunha festa ou tradición. Que se unha festa de disfraces, unha cea de gala, o cumpre de Lucas que fixo 13 anos, as vodas de ouro de  Sinda e Ceferino, a Semana Santa.

Se hai uns días foi a Feira de Abril este primeiro de maio, fieis á tradición, o Barrio da Alegría cantou as coplas do seu maio desde os balcóns:

"Este ano non hai Maios
na praza da Ferrería
trasladouse toda a festa
ao barrio da Alegría"