Tres semanas de confinamento fixeron que moitos se deran conta de que, con ánimo e bo humor, o peche nas nosas casas polo coronavirus leva moito mellor.
E, para demostralo, a directiva da ANPA do colexio Vilaverde quixo gravar un vídeo para achegar o seu gran de area nestes momentos difíciles para todos.
O obxectivo do vídeo, ademais de arrancarnos un sorriso, é agradecer o traballo de todos os colectivos que loitan contra esta pandemia ou que fan a vida un pouco máis fácil.
"Xuntos conseguirémolo", proclaman as familias do colexio Vilaverde que, para o seu vídeo, elixiron a música de Ariel de Cuba e o seu popular tema "Quédate en casa".