E dun festival, sairá unha voda. De Río Verbena Fest, o enlace entre o cantante de Son Das Tabernas, Johnny Güimil, e a súa parella, Naza González.
Este profesor de música veciño de Barro que durante o confinamento pola pandemia da covid-19 saltou á fama por animar as xornadas de todos os seus veciños con música, aproveitou a actuación da súa banda no recinto feiral de Pontevedra para unha pedida de man moi musical.
"Ay, pequeniña, teño que dicilo, aquí en Pontevedra mellor que outro sitio", comezou, nun momento no que a co protagonista do momento subira ao escenario.
Con ela xa cun sorriso na boca, colleu un anel, e anunciou: "Quero casarme contigo, xa mo pide o corazón". Axeonllouse e logrou un si da súa parella a esta proposición de matrimonio.
No escenario e no público corearon "Ei, dixo si" mentres o resto da banda resumía: "el pediulle casamento".
Apertas, bicos, as bágoas de Güimil e os aplausos do público selaron a petición, que durante o resto da noite foi tema de conversa habitual en todo o festival.