Sucedía ás 13.45 horas deste martes 23.
Unha furgoneta circulaba pola PO-11, a avenida de Marín, en sentido contrario polo carril máis pegado á ría, en dirección a Pontevedra.
Á altura de Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, desde outro vehículo captaban a imaxe da infracción que estaba a cometer a furgoneta por causas que se descoñecen.
Malia os bocinazos doutros vehículos que circulaban nese momento pola coñecida popularmente como a Autovía a Marín, a persoa que conducía a furgoneta non minoraba a velocidade e avanzaba pegado á mediana divisoria en dirección á rotonda de Ence evitando outros turismos que viñan de fronte.
Rapidamente o vídeo comezou a circular por redes sociais. A pesar da condución temeraria non se produciu ningún sinistro durante o traxecto do condutor.