VÍDEO.- 'Cerponzóns polo mundo' manda mensaxes de ánimo ante a pandemia

Pontevedra
06 de abril 2020

A asociación de veciños O Chedeiro creou un grupal internacional con persoas relacionadas coa parroquia pontevedresa onde contan as súas experiencias ante a crise provocada polo coronavirus. Persoas que residen en Australia, Suiza, Arxentina ou Brasil explican como están a vivir a pandemia e lanzan mensaxes de apoio

Persoas relacionadas coa parroquia de Cerponzóns envían mensaxes de ánimo ante a pandemia / Asociación O Chedeiro

A asociación de veciños O Chedeiro decidía a mediados de marzo de 2019 crear un grupo de  whatsapp baixo o título 'Cerponzóns polo mundo'. Desde este grupal lánzanse mensaxes de persoas que tiñan orixes ou gardaban relación coa parroquia de Cerponzóns. Agora, coa situación de corentena e a expansión da pandemia, os integrantes envían vídeos e contan as súas vivencias ante esta situación de crise mundial. 

O grupo conta con máis de 20 integrantes que residen fóra de Pontevedra. Hai persoas que viven en Arxentina, Brasil, Francia, Australia, Suíza, Barcelona, Madrid. Mondragón ou A Coruña.

E a través destas mensaxes, coñecen como Luci e o seu marido pasaron días angustiosos porque a súa filla Laura quedara sen posibilidade de saír de Tailandia ante o peche de fronteiras realizado polo goberno arxentino.

Contan como os negocios das persoas de máis idade en calquera parte do mundo en que poidan permanecer abertos son xestionados agora polos fillos adoptando precaucións para evitar os contaxios.

En Australia, Susie, a parella de Moncho, nárralles como na zona na que residen case todas as casas contan con xardín e así resulta máis fácil superar o confinamento. Alí comezaron a pechar a  sfronteras en xaneiro, a pesar da perda de ingresos xa que miles de estudantes procedentes de China con alto poder adquisitivo completan a súa formación neste país de Oceanía.

Nos vídeos enviados ao grupal da asociación O Chedeiro trasládase o apoio aos seus familiares e coñecidos de Pontevedra, ademais de manifestar as ganas de regresar algún día e poder abrazar á xente querida que se atopa en terras  galegas.