VÍDEO.- Benito Soto e os seus piratas abordan a noite pontevedresa

Pontevedra
01 de marzo 2017

Tripulando o buque Burla Negra, o pirata da Moureira entrou na cidade durante esta noite de martes de Entroido entre lume e espadas para facerse co botín de xoias dos pontevedreses

Vídeo.- Noite Pirata / Diego Torrado

Os piratas tomaron a noite do martes de entroido pontevedrés. Ata altas horas da madrugada, a tripulación do barco Burla Negra do temido pirata do barrio da Moureira, Benito Soto, abordaba o centro histórico da cidade. 

Tres barcos atopábanse ao redor das 22.00 horas na praza da Ferrería. Cada un partía dun lugar distinto da cidade. Un partira da praza de España, outro de Méndez Núñez e un terceiro, da rúa Benito Corbal. O enfrontamento desenvolveuse o duro enfrontamento naval con canóns, espadas, pistolas e lume. 

A batalla durou máis dunha hora e, a partir dese momento, para festexa a vitoria pirata, nove comparsas amenizaron a velada: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo e Equipo Ja. 

Este mércores de Entroido, os actos previstos son os seguintes:

  • 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: "As Máscaras de Ravachol"
  • 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campanñó. A Corrida da Rosca.
  • 18.00 horas. Centro Cultural de Campañó. Festival infantil do Entroido.
  • 18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra A Toda Salsa
  • 19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do Coro Seitura, recreación do coro Aires da Terra.
  • 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.

 

Arquivado en