O Concello de Pontevedra indica que non se rexistraron incidencias de relevancia durante toda a xornada do sábado 7 no transcurso da Feira Franca.
Desde o Concello agradecen o bo ton de festa por parte de todas as persoas participantes e o "traballo inxente realizado polo departamento de Cultura e o resto de servizos municipais".
Tamén citan o traballo realizado polos equipos de emerxencias e as entidades e asociacións colaboradoras coa Feira Franca