VÍDEO.- "A Xustiza está en loita porque a Xunta non escoita"

Pontevedra
16 de novembro 2017

Los siete sindicatos con representación en la Administración de Justicia en Galicia salieron a la calle este jueves ante los dos edificios judiciales principales de la ciudad de Pontevedra, A Parda y la Audiencia Provincial, para hacer públicas sus reivindicaciones laborales y salariales y pedir a la Xunta de Galicia "que se negocie"   

Traballadores do sector da Xustiza saen á rúa / Mónica Patxot

Os sete sindicatos con representación na Administración de Xustiza en Galicia saíron á rúa este xoves ante os dous edificios xudiciais principais da cidade de Pontevedra, A Parda e a Audiencia Provincial, para facer públicas as súas reivindicacións laborais e salariais e pedir á Xunta de Galicia "que se negocie" para responder ás súas reclamacións. 

"A Xustiza está en loita porque a Xunta non escoita", "Rueda, escoita, a Xustiza está en loita", "inxustiza salarial, descontento laboral" ou "mesmo traballo, igual salario", foron algúns dos gritos de protesta que clamaron os traballadores.

En total secundaron as protestas máis do 75% dos funcionarios afectados polas situacións denunciadas, todos agás xuíces, fiscais e secretarios xudiciais. En Pontevedra hay arredor de 225 aos que afecta e concentráronse unhas 120 persas diante do edificio da Parda e 56 ante a Audiencia Provincial.

En nome de todos os sindicatos tomou a palabra Enrique Araujo Martinez, secretario xeral territorial do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza, que insistiu na "unidade sindical" de SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO nesta polémica e lembrou que a concentración deste xoves é a primeira dun calendario de mobilizacións que inclúe dúas xornadas de folga os días 1 e 13 de decembro e unha folga indefinida a partir da última semana de xaneiro. 

Araujo mantén que ata o mometo o director xeral de Xustiza "o único que fixo foi darnos desculpas de mal pagador para non entrar en ningún tipo de negociación" e "botou balóns fóra ao decir que moitas das reivindicacións corresponden ao Ministerio de Xustiza". A estas afirmacións, respóndelle que "é unha mentira grande", pois todas as súas peticións afectan a competencias que ten transferidas a Xunta de Galicia e "tenas que arranxar". 

Os sindicatos reclaman cinco cuestións que consideran "indispensables para un bo funcionamento da Administración de Xustiza": negociación dun incremento do CAT (Complemento Transitorio) con respecto ás comunidades autónomas que teñen as transferencias en Xustiza, pois cobran 200 euros menos da media das autonomías; non á discriminación sanitaria nos descontos por IT; que se pare a amortización de 106 prazas; que se pague os 100% aos traballadores substitutos; e que se consoliden as prazas de reforzo de máis de 3 anos. 

Na concentración na Audiencia estaba presente a portavoz de xustiza do PSOE no Parlamento de Galicia, a pontevedresa Patricia Vilán, que deu a coñecer que o seu grupo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias recollendo as demandas deste colectivo. Os sindicatos trasladáronllas nun encontro que mantivo esta semana cos representantes dos sindicatos.