VIDEO.- A "enésima" fuga do sumidoiro do Marco

Pontevedra
11 de febreiro 2020

Aínda que a norma xornalística di que a repetición dos feitos deixa de ser noticia, esta nova denuncia de Vaipolorío diante do 112 tamén busca presionar ás autoridades para que actúen fronte a esta situación que acontece con demasiada frecuencia nun sumidoiro situado no Marco

Vertedura no río dos Gafos / Vaipolorío

A asociación ecoloxista Vaipolorío denunciou un novo episodio contaminante no río Gafos.

Aínda que a norma xornalística di que a repetición dos feitos deixa de ser noticia, esta nova denuncia diante do 112 tamén busca presionar ás autoridades para que actúen fronte a esta situación que acontece con demasiada frecuencia nun sumidoiro situado no Marco.

Esta fuga de augas residuais ocorre nun punto moi próximo á confluencia do río Pintos (tamén coñecido como o río de Marcón) co Gafos.

O sumidoiro desborda con gran forza expulsando auga sen depurar directamente ao leito fluvial.