Manterse entretido durante o confinamento non resulta sancillo para ninguén. Nin sequera para os máis pequenos da casa que tamén chegan a cansarse de estar a xogar continuamente. É por iso que resulta especialmente rechamante a emocionada reacción dun pequeno alumno do colexio marinense da Laxe ao recibir as fichas que os seus profesores fan chegar a todos os alumnos.
Desde o centro educativo poñen ao dispor de todas as familias que o solciitan dispositivos electrónicos e, aos máis pequenos, envíanlle ás súas casas material como cartolinas, folios de cores, pegamento, lápis, rotuladores ou papeis de diverso material para que poidan traballar, facer manualidades e exercitar a súa imaxinación durante a corentena.
Ademais, o profesorado realiza videollamadas para facer o seguimento do alumnado ademais de acompañar a través de plataformas dixitais todas as áreas da formación. Unha atención que os propios escolares agradecen con alegría como pode verse no vídeo.