Nun tempo no que o coronavirus paralizou gran parte da actividade do país, non deixan de sucederse os vídeos de ánimo. Un dos colectivos máis activos neste ámbito é o educativo.
Numerosos traballos conxuntos están a agromar polas redes sociais. Un deles, difundido desde hai pouco, é o da comunidade escolar do IES Mestre Landín de Marín.
O alumnado e o profesorado bailan xuntos a canción do coronavirus, cada un deles desde o seu propio domicilio.
Desde o instituto aseguran que buscan así que os estudantes sintan a proximidade dos seus docentes e afronten unidos este tempo de illamento.