VÍDEO.- A choiva axuda a extinguir o incendio de Barro tras arrasar máis de 40 hectáreas

Pontevedra
19 de agosto 2016

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume xa se deu por extinguido ás 4.46 horas da madrugada tras arrasar unha superfice provisional de 40,76 hectáreas. O lume iniciouse ás 21.56 horas da noite na parroquia de Portela e estendeuse rapidamente polos montes da contorna, ata tal forma que en apenas unhas horas arrasou máis de 40 hectáreas

Incendio forestal en Barro / PontevedraViva

A intensa choiva que caeu desde a madrugada e o traballo dos servizos de extinción da Consellería do Medio Rural permitiron dar por extinguido o incendio declarado na noite deste xoves na contorna do Pontillón do Castro, entre o termo municipal de Pontevedra e a parroquia de Portela, no municipio de Barro. 

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume xa se deu por extinguido ás 4.46 horas da madrugada tras arrasar unha superfice provisional de 40,76 hectáreas. 

O lume iniciouse ás 21.56 horas da noite na parroquia de Portela e estendeuse rapidamente polos montes da contorna, ata tal forma que en apenas unhas horas arrasou máis de 40 hectáreas. 

Nos momentos iniciais das tarefas de extinción tamén se desprazaron ata a zona do Pontillón efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra, que se retiraron ao redor da medianoite, quedando na zona os medios de extinción de Medio Rural. En concreto, na súa extinción traballaron seis axentes, 11 brigadas, 10 motobombas e dúas pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.