Todo pontevedrés que teña unha segunda residencia dentro da provincia de Pontevedra poderá trasladarse a ela a partir deste luns 11 de maio, coa entrada en vigor da fase 1 da desescalada do confinamento polo coronavirus.
Así o aclarou o Goberno, rectificando a orde ministerial publicada horas antes nas que atrasaba estas posibles visitas ata a fase 2, na que Pontevedra non entraría, como mínimo, ata dentro de dúas semanas.
O executivo de Pedro Sánchez entendía que autorizar estes desprazamentos podería provocar actividades complementarias como visitas a comercios e supermercados ou poñer a punto as vivendas e os expertos consideran que podería aumentar o risco de contaxio.
Con todo, Sanidade optou por revisar esta decisión e facela coincidir, como pedían certos sectores, coa reapertura de hoteis e establecementos turísticos, que tamén poderán retomar a súa actividade desde este luns.