“Viajar ya no es un lujo, se ha convertido en una necesidad”

Pontevedra
31 de marzo 2023

A Semana Santa está a piques de chegar e, para moitos, iso significa vacacións. As viaxes convertéronse nun factor imprescindible para os que desexan desconectar e afastarse da rutina  

Viaxes de Semana Santa
Viaxes de Semana Santa / PontevedraViva

A Semana Santa está a piques de chegar e, para moitos, iso significa vacacións. É unha realidade: os prezos subiron. Porén, as viaxes convertéronse nun factor imprescindible para os que desexan desconectar e afastarse da rutina. Como afirma Ángeles Antón, xerente de Viajes Arany, “viajar ya no es un lujo, se ha convertido en una necesidad”.

Pero, cales son os destinos preferidos? É o prezo un impedimento para viaxar?

Sol, praia e moito descanso. Fatigados do inverno e do día a día, ninguén quere complicacións. A cidadanía pontevedresa segue a ter predilección polas Illas Canarias e as Baleares

Exipto tivo un ‘boom’ en demanda que, en palabras de David Neira Gómez, xerente de Viaxes 365, “es una locura”. Grecia, Turquía e Italia non se quedan atrás. Pois, aqueles que dispoñen dunha semana completa buscan gozar do verán que xa asoma polo mediterráneo europeo.

A clave para planear unha viaxe e non pagar un prezo desorbitado, é organizalo con antelación; algo que, en xeral, “la gente intenta hacer con frecuencia”, conta Adrián Albar, director de Viaxes Huno. Pola contra, os galegos adoitan pagar máis xa que  “aquí tenemos el problema de que mucha gente no sabe si va a tener libre o no hasta última hora”, sinala con resignación a xerente de Arany.

Con respecto ao ano anterior, as axencias perciben unha melloría na demanda de viaxes. O prezo preocupa, pero os cidadáns terminan por ceder e pagar un pouco máis se é preciso. “La gente tiene en la mente que las cosas están un poquito más caras con respecto al año pasado, entonces ya van sobreaviso y no les importa” destaca Albar.

As tarifas das viaxes son dinámicas. É complicado dar unha cifra exacta posto que hai moitos factores que a condicionan. Como expón Ángeles Antón, “hoy puedo dar un precio y mañana no existe”. Por iso, o mellor é achegarse ás axencias, preguntar e concretar canto antes.

As familias aproveitan para gozar cos máis pequenos en destinos tranquilos. Mentres que as rutas son máis demandadas por mozos e parellas de mediana idade. Iso si, bo tempo e desconexión para todos.

As preferencias á hora de organizar as vacacións mudaron nos últimos anos. Adrián Abalar está convencido de que a pandemia foi o xerme do cambio e percibe que a cidadanía “tiene otro chip diferente”. O prezo sempre foi un condicionante para viaxar. Aínda o é pero, segundo as axencias pontevedresas, en menor medida. Agora, desconectar, gozar e coidarse son necesidades prioritarias.