Verduras asadas, zamburiñas gourmet Pescamar á mariñeira e o seu pil-pil con consomé de verduras

Pontevedra
25 de agosto 2018

"A cociña gourmet en conserva" retorna ás aulas do Centro de Hostalaría Carlos Oroza onde alumnos e profesores fan equipo para crear unha orixinal receita cun dos produtos máis prezados de Conservas Pescamar: as zamburiñas

Verduras asadas, zamburiñas gourmet Pescamar á mariñeira e o seu pil-pil con consomé de verduras
Verduras asadas, zamburiñas gourmet Pescamar á mariñeira e o seu pil-pil con consomé de verduras /

"A cociña gourmet en conserva" regresa ás aulas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza cunha orixinal proposta que fusiona diversos sabores vexetais cun dos produtos gourmet máis prezados de Conservas Pescamar: as zamburiñas das Rías en salsa de vieira con aceite de oliva.

Para preparar estas deliciosas Verduras asadas, zamburiñas gourmet Pescamar á mariñeira e o seu pil-pil con consomé de verduras necesitamos os seguintes ingredientes (para 4 racións):

- 1 lata de Zamburiñas gourmet de Conservas Pescamar

- 1 cabaciña

- 1 pemento vermello e verde

- 4 dentes de allo

- 2 tomates

- sal e pimienta, ao gusto

- 25 gr de aceite de oliva

- brotes ou flores para decorar

Elaboración:

Lavamos e secamos todas as hortalizas.

Asámolas nunha placa de forno cun pouco de aceite e auga a 150º durante uns 35 minutos.

Non deben quedar moi cociñadas.

Transcorrido este tempo, deixámolas enfriar.

Unha vez frías, pelámolas e as cortamos de diferentes formas: a cabaciña en rodas, os pementos en tiras, o tomate en cuarteiróns e o allo picado.

Ao zume que soltaron no asado engadímoslle un pouco de sal, aceite e pementa, e reservamos para despois mollar as verduras.

Este caldo utilízase coma se fose un consomé.

Escorremos a lata de zamburiñas gourmet Pescamar, reservando a súa salsa.

Pasamos a salsa por un coador prensando ben, de forma que nos quede unha especie de pasta que se utilizará como se fose un pil-pil.

Presentación:

Faise unha ensalada partindo do centro do prato, colocando as verduras e as zamburiñas gourmet Pescamar en circunferencias cara o exterior, dando volume no centro da ensalada.

Decoramos ao gusto.

Pódese engadir o consomé realizado co zume das verduras.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.