O proxecto de instalación dun parque eólico no Monte Peón segue atopando rexeitamento nos veciños da Lama.
Un grupo de veciños de Antes, O Peso e outros lugares do municipio concentráronse este sábado en sinal de protesta ante o que entienen como un "atentado ambiental" que pon en perigo un lugar sensible como a Carballeira das Ermidas.
Aseguran que a instalación de tres torres eólicas a menos de 600 metros ameaza As Ermidas e supoñería un importante impacto en toda a Serra do Suído, que pasaría a estar atravesada por liñas de alta tensión.
Entre os seus argumentos, os manifestantes lembran que a instalación éolica proxectada se situaría a menos dun quilómetro de zona protexida como Rede Natura, e piden que se catalogue como tal a toda a Serra do Suído.