Valoriza eliminou 32 verteduras incontroladas no primeiro trimestre do ano

Poio
20 de marzo 2023

A empresa Valoriza, responsable do tratamento e retirada de residuos en Poio, informou que ata o pasado 15 de marzo retirou un total de 29,66 toneladas de restos voluminosos

Residuos voluminosos
Residuos voluminosos / Concello de Poio

A empresa Valoriza, responsable do tratamento e retirada de residuos no concello de Poio, informou que ata o pasado 15 de marzo retirou un total de 29,66 toneladas de restos voluminosos.

O 50% desta cantidade corresponde a mobles antigos, destacando tamén as cantidades de chatarra (case 9 toneladas), os colchóns, electrodomésticos e restos sanitarios completan o listado. 

Un total 183 retiradas foron peticións realizadas pola cidadanía e 32 corresponden a verteduras incontroladas en diferentes emprazamentos da vía pública.

Se pode dispoñer deste servizo chamando ao número de teléfono 986771185, cun horario de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas. 

O Concello de Poio tamén ten activo un servizo de préstamo de biotrituradoras, con dez unidades dispoñibles que se poden solicitar chamando o teléfono 604025288.