Vaipolorío retira árbores caídas do sendeiro rural do Gafos

Pontevedra
26 de outubro 2019

Con esta iniciativa Vaipolorío pretendía facer practicable o sendeiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios, minimizando os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río

Retirada de árbores caídas no sendeiro do Gafos
Retirada de árbores caídas no sendeiro do Gafos / Vaipolorío

Vaipolorío organizou este sábado unha nova xornada de limpeza no Gafos aínda que, nesta ocasión, non foi lixo e residuos o que os voluntarios desta asociación ambiental sacaron do leito do río.

O obxectivo desta nova acción era retirar árbores caídas sobre o sendeiro que hai no tramo rural do río, entre a estación de autobuses e Bértola.

Varias persoas, motoserra en man, foron os encargados de cortar as árbores caídas para posteriormente poder retirar a madeira do camiño.

Con esta iniciativa Vaipolorío pretendía facer practicable o sendeiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios, minimizando os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.