Un grupo de 16 persoas participou este domingo na terceira xornada de limpeza organizada polo colectivo Vaipolorío.
A asociación ecoloxista está a levar a cabo unha nova campaña do limpeza do río dos Gafos.
Este domingo retiraron un total de 70 quilos de residuos do leito fluvial.
Estas xornadas de traballo foron programadas neste mes de agosto para non coincidir coa tempada de pesca. As saídas repítense todos os domingos de agosto (1,8, 15, 22 e 29).