Vaipolorío retira 200 quilos de lixo nunha xornada de limpeza do Gafos en Tomeza e Bértola

Pontevedra
21 de xullo 2013

O lixo retirado correspóndese coa cuarta xornada de limpeza que Vaipolorío organiza na campaña 2013, na que un total de 22 voluntarios percorreron a canle do Gafos entre Pontevedra e Vilaboa. Contaron coa colaboración de dez rapaces da asociación Juan XXIII

Os voluntarios da asociación ecoloxista Vaipolorío recolleron este domingo aproximadamente 200 quilos de lixo da canle e a ribeira do río Gafos.

O lixo retirado correspóndese coa cuarta xornada de limpeza que Vaipolorío organiza na campaña 2013, na que un total de 22 voluntarios percorreron a canle do Gafos entre as parroquias de Tomeza (Pontevedra) e Bértola, no Concello de Vilaboa.

Nesta cuarta xornada Vaipolorío contou coa colaboración de dez rapaces da asociación Juan XXIII.