Os voluntarios da asociación Vaipolorío recolleron na terceira xornada do verán de limpeza do leito do río Gafos un total de 220 quilos de lixo.
Esta cantidade triplica o que viña recollendo ata o de agora debido, segundo explican os portavoces de Vaipolorío, a que a recollida tivo lugar no tramo urbano.
Outra circunstancia que chamou a atención é o baixo caudal que leva o río. Trátase dunha situación da que xa se alertou na primavera pero que agora alcanza límites preocupantes.
Están programadas novas xornadas de limpeza no Gafos para o vindeiro domingo, día 20, e o 27 de agosto. Para participar nesta actividade hai que apuntarse chamando ao 676842942.